viernes, 30 de octubre de 2026

SEMANA DE SAMAÍN EN 3 ANOS

Esta semana mergullámonos no mundo máxico do Samaín! 

Entre arañas, meigas e moita imaxinación, realizamos diferentes actividades para celebrar esta tradición tan especial.

Comezamos elaborando unhas terroríficas teas de araña con pequenas arañas, deixando voar a nosa creatividade. Tamén coñecemos a Bruxa Tapita, que nos acompañou durante a semana e nos propuxo divertidos retos.

Completamos a súa cara con plastilina, traballando a motricidade fina e a creatividade, para despois plasmar a nosa creación no papel. Tamén practicamos a precisión dos nosos dediños colocando gomets nos camiños que levaban á bruxa ata a súa poción máxica.

E como non podía faltar a maxia do Samaín, elaboramos o noso propio conxuro da queimada e aproveitamos para traballar diferentes trazos.

Rematamos a semana por todo o alto coa nosa Festa do Samaín, na que compartimos unha merenda terrorífica e gozamos dun día cheo de disfraces, sorpresas e moita diversión! 🎃

Que ben o pasamos entre meigas e feitizos! Ata o próximo Samaín! 🕸️











martes, 20 de octubre de 2026

UN ANAQUIÑO DE NOS



Estes días medimos a nosa altura cun anaquiño de la, e enrolamos cada medida nun pao, preparando un recordo moi especial do noso primeiro ano  en educación infantil. 

Cada anaquiño de la, garda algo máis ca unha medida; garda un pedaciño da nosa historia, dos nosos primeros pasos no cole, das nosas descubiertas e de todos os momentos bonitos que estamos a compartir.

Preparamos cada detalle con monito cariño para que as familias podían gardar este pequeno tesouro e, dentro duns anos , lembrar o pequeniños  e pequeniñas  que éramos  cando comezou esta aventura. 


Con moito cariño, da profe Alba 












 



lunes, 19 de octubre de 2026

PEQUENOS PESCADORES GALEGOS

 Os pequerrechos de 3 anos seguimos descubrindo Galicia e as súas tradicións dunha maneira moi especial: xogando, creando e experimentando!

 Primeiro, decoramos os nosos peixiños pintando as súas escamas  con pompóns  deixando voar a nosa creatividade.

 Despois, transformamos un simple rolo de papel nunha cana de pescar, preparando todo para a nosa gran aventura mariñeira.

E chegou o momento máis divertido: xogar a pescar! Enrolando o fío arredor do rolo de papel, puxemos en práctica a nosa coordinación e traballamos a motricidade fina mentres nos convertiamos en auténticos pescadores e pescadoras galegos.

Unha actividade chea de cor, xogo e aprendizaxes coa que nos achegamos ao mar e á tradición pesqueira da nosa terra. 

Canto aprendemos cando as nosas mans crean e o xogo se converte nunha aventura! 


A profe Alba











viernes, 16 de octubre de 2026

GALICIA , A NOSA TERRA



Os nenos e nenas de 3 anos seguimos descubrindo Galicia a través de pequenas experiencias cheas  de significado. 

Coas nosas propias mans, pintamos a bandeira galega e coñecemos as súas cores: o branco e o azul.

Tamén traballamos co mapa de Galicia e colocamos a nosa fotografía e a nosa manciña para descubrir algo moi especial: nós vivimos aquí, en Galicia! 💙

Pouco a pouco, imos coñecendo a nosa terra, achegándonos á súa identidade e sentíndonos parte dela a través do xogo e da experimentación.

Porque aprender sobre Galicia tamén é descubrir o lugar ao que chamamos fogar.


A profe Alba








 

domingo, 4 de octubre de 2026

O OUTONO CHEGA Á NOSA AULA

Seguimos a descubrir o outono a través da arte e da experimentación.

Nesta ocasión, practicamos diferentes trazos con rotuladores borrables para practicar a direccionalidade e a motricidade fina.

Despois, puxémonos mans á obra coas acuarelas para dar cor a follas, landras, botas e paraugas. 🍂🌰🥾☂️

Coas nosas creacións decoramos as ventás da aula e a entrada do cole, enchendo os espazos de cores e elementos típicos do outono.

Agora si que se nota que… o outono chegou para quedar! 🍁


Profe Alba





 

TRABALLAMOS FORMAS E CORES



A través dos bloques lóxicos, experimentamos e manipulamos diferentes pezas mentres practicamos a clasificación por formas e por cores. 

Descubrimos que cada peza ten as súas propias características e aprendemos a agrupalas!

E para seguir traballando as nosas mans, utilizamos gomets, poñendo a proba a nosa motricidade fina, precisión e coordinación.

Unha forma divertida de aprender… xogando, tocando e experimentando! 


Profe Alba










 

viernes, 25 de septiembre de 2026

A ÁRBORE DE OUTONO

Chegou o outono, e as árbores énchense de cores fermosas: laranxa, amarela, marrón… 🍁🍂

Na nosa aula quixemos crear a nosa propia árbore de outono. Para iso, pintamos as follas con esponxas, empregando diferentes cores típicas desta estación. 

Foi unha actividade moi divertida na que experimentamos coas cores e descubrimos como, pouco a pouco, a nosa árbore se foi enchendo de follas de outono. 🍁😊

Así de bonita quedou a nosa creación!


Profe Alba