Os nenos e nenas de 3 anos seguimos descubrindo Galicia a través de pequenas experiencias cheas de significado.
Coas nosas propias mans, pintamos a bandeira galega e coñecemos as súas cores: o branco e o azul.
Tamén traballamos co mapa de Galicia e colocamos a nosa fotografía e a nosa manciña para descubrir algo moi especial: nós vivimos aquí, en Galicia! 💙
Pouco a pouco, imos coñecendo a nosa terra, achegándonos á súa identidade e sentíndonos parte dela a través do xogo e da experimentación.
Porque aprender sobre Galicia tamén é descubrir o lugar ao que chamamos fogar.
A profe Alba
