lunes, 19 de octubre de 2026

PEQUENOS PESCADORES GALEGOS

 Os pequerrechos de 3 anos seguimos descubrindo Galicia e as súas tradicións dunha maneira moi especial: xogando, creando e experimentando!

 Primeiro, decoramos os nosos peixiños pintando as súas escamas  con pompóns  deixando voar a nosa creatividade.

 Despois, transformamos un simple rolo de papel nunha cana de pescar, preparando todo para a nosa gran aventura mariñeira.

E chegou o momento máis divertido: xogar a pescar! Enrolando o fío arredor do rolo de papel, puxemos en práctica a nosa coordinación e traballamos a motricidade fina mentres nos convertiamos en auténticos pescadores e pescadoras galegos.

Unha actividade chea de cor, xogo e aprendizaxes coa que nos achegamos ao mar e á tradición pesqueira da nosa terra. 

Canto aprendemos cando as nosas mans crean e o xogo se converte nunha aventura! 


A profe Alba