Ola, familias!
Esta semana estivo chea de contos, que despois de ler eliximos os que mais nos gustaron poñédonos ao arredor del, e contamos nenos e nenas, se eran mais ou menos, moitos ou poucos...
Tamén seguimos aprendendo os números, agora estamos co 3, con múltiples propostas manipulativas, ao igual cas vogais. Ademais comezamos a usar a PDI co programa "Leo con Alex" para identificar vogais.
Asemade, como estamos co proxecto da primavera fixemos un mural pintando cas nosas pegadas unhas flores. Aprendimos todos xuntos a debuxar flores e manipulamos uns vermes e unhas acelgas, que lles ilusionou moito.
A experiencia mais abraiante foi a visita da familia de Javier, que traballan como cretreiros/as. Alejandro, o pai de Javier, ensinounos a Shakira, a Penélope, explicounos porqué non se lle mollan as ás e moitos detalles sobre as aves rapaces. Poidemos tocar un lagarteiro (cernícalo), un falcón (halcón sacre) e tamén fixo unhas demostración de voo coa Aguia de Harris que disfrutamos todos un montón. Grazas familia por esta oportunidade de aprendizaxe inesquecible!








