Ola, familias
Vivimos moitas experiencias novas neste mes, e mais na derradeira semana.
Viñeron uns compañeiros da ESO a ensinarnos a programar un pequeno robot para levalo ata a letra que nos seleccionaramos dunha palabra dada; de nome puxemoslle robot Kevin.
Na biblioteca en representación da clase de 3 anos falaron Breogán e Ariela na radio sobre mulleres importantes, as suas nais, xunto con outros compañeiros de infantil.
https://www.ivoox.com/dia-da-muller-traballadora-segundo-a-vision-do-audios-mp3_rf_171653236_1.html
Conmemoramos o día da agua, seguimos cas vogais, cos números, a facer parellas iguais, a coñecer animais... unha morea de propostas para aprender xogando!
Gustounos moito todo e pasámolo moi bien!!
Boas vacacións de primavera 😀
A mestra, Alicia.



.jpg)