Ola, familias!
Nesta semana conmemoramos as letras galegas facendo unha pandeireta, porque este ano celébrase á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Tamén estivemos colaborando na elaboración do maio con todo infantil e saindo a cantar ó maio,… fixemos moitas cousas divertidas.
A mestra, Alicia.

