viernes, 9 de mayo de 2025

COÑECEMOS ANIMAIS

Ola, familias! Qué tal a semana? Nos comezamos un novo tema, sobre os animais.

O luns tivemos a sorpresa duns caracois, cos que descubrimos que comen, como é o seu corpo, como se moven... estabamos moi ilusionados de poder tocalos e o final deixámolos libres na horta do colexio!



Onte descubrimos ca app Quiver, con realidade aumentada, como é a metamorfose das bolboretas, gustounos moito!


Hoxe estivemos a asociar imaxes de animais ca súa miniatura. Aproveitamos para falar dalgunhas características, imitar os seus sons… e descubrir así algúns animais de granxa 🐮🐷!


A mestra, Alicia.