jueves, 19 de octubre de 2023

FIXEMOS UN ESPANTALLO, ÁRBORES DE OUTONO E MOITAS COUSAS MÁIS

Ola mamis e papis 😀.

Ao longo destos días estivemos a facer moitas cousas:

Manualidades do outono como un espantallo, ao igual que os compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos; recheamos unha árbore con follas que esnaquizamos e pintamos sobre papel burbulla as nosas árbores para poñelas a decorar na clase.



Tamén estivemos a coser todas xuntas diferentes animais, a construir torres, a leer contos, a buscar formas xeométricas no arroz, a bailar, aprender palabras en galego con adiviñas de cousas da clase... 



Como vedes non paramos de aprender e de disfrutar moito dos días xuntas.

A mestra Alicia.