Comezamos outubro coñecendo máis sobre o outono, trala saída ao parque forestal de Beade cos compañeiros e coas compañeiras de 4 e 5 anos, na clase xogamos coas bellotas, coas follas... que collimos.
Tamén, nestos últimos días, coñecimos a "Oso", a nosa mascota da clase. Limos o seu conto, escoitamos a súa canción e empezamos a facer as súas fichas.
E, como sempre, xogamos nos recunchos de quebracabezas, de construcións... e seguimos aprendendo sobre as cores e as formas ao igual que as normas.
Tivemos unha semana moi completiña, non vos parece? Boa fin de semana, familias 😊.
A mestra Alicia.


