viernes, 25 de noviembre de 2022

SEMANA COMPLETADA!

Ola familias!
Esta semana na clase estivemos manipulando os depresores de cores seguindo uns patróns dados, rasgamos follas de periódicos, practicamos un pouco coas tesoiras, seguimos traballando o número 1 e as vogais, estamos empezando coa i, pero sabedes unha cousa: xa as identificamos todos nos nosos nomes!! E encántanos.
Onte celebramos o aniversario de Sergio e tamén nos mostrou o que fixo con Curtis durante a semana (ensinoulle os seus xoguetes, durmiron xuntos…); por outra banda, hoxe 25 de novembro, é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller e quixemos facer a nosa aportación cunha pequena tarxeta e un video conmemorativo (deixovos o enlace ó instagram do cole onde está colgado o vídeo, espero que o poidades visualizar: https://www.instagram.com/reel/ClYQ4PctZnY/?utm_source=ig_web_copy_link

Que teñades todos/as unha boa fin de semana.

A profe Bárbara