Ola familias!
Esta semana fixemos un pouquiño de todo: traballamos a letra i na pizarra dixital e fixemos outra en papel cuns ollos moi simpáticos que se movían; comezamos a traballar con series moi sinxelas, empregando os tapóns de plástico e… fixéronno fenomenal!! A profe trouxonos uns tronquiños de madeira para xogar e estivemos investigando con eles facendo torres, circuitos para os coches… Tamén visitamos o teatro, e gustounos moito, estivemos moi atentos durante toda a obra.
E por último, a nosa compañeira Aitana ensinounos o conto da toupiña e o debuxo tan bonito que fixo.
Que teñades unha boa fin de semana!
A profe Bárbara.

