Ola familias!!
Hoxe a profe troúxonos unha cousa que moitos de nós non coñecíamos, o mesmo que comen os pitiños, millo!! Manipulamos as mazorcas, desgranámolas, xogamos co millo nas bandexas e na mesa... puidemos observar as distintas texturas que ten (tanto por dentro como por fora).
Pasámolo en grande!!
A profe Bárbara
