Ola familias!
Esta semana en clase xa comezamos a traballar un pouquiño máis con Curtis e os seu mundo Castoria: pintamos con pintura de dedos, xogamos cos puzles traballando tamén as matemáticas para saber cantos animais había en cada peza, fixemos un debuxo colectivo de cada grupo, e estamos traballando tamén o trazo vertical, antes de meternos con outros un pouco máis complicados (e unha das formas que probamos foi cos rotus borrables, gustoulles moitísimo).
Boa fin de semana.
A profe Bárbara.
