jueves, 24 de septiembre de 2026

A NOSA ADAPTACIÓN NO COLE

A nosa adaptación al cole de mayores  foi moi ben. Cada día chegamos con máis ganas de xogar, aprender e traballar como nenos maiores. 

Divertímonos pintando cos dedos, experimentando coas cores e desenvolvendo a nosa creatividade. Tamén traballamos a motricidade fina con diferentes actividades e xogos que nos axudan a mover as nosas mans e dedos cada vez mellor. 

Ademais, temos unha cociniña nova na aula,  xa que o xogo simbólico cobra moita importancia nesta etapa. Encántanos imaxinar que somos cociñeiros, preparar deliciosos pratos e compartir momentos de xogo cos nosos amigos. Estamos moi contentos!

E, por suposto, o mellor de todo é compartir cada momento cos nosos amigos: xogamos, rimos e aprendemos xuntos. Estamos a gozar moitísimo desta nova aventura no cole! 💙😊


Profe Alba