Os nenos e nenas de 3 anos están a dar os seus primeiros pasos para recoñecer e contruir o seu propio nome. Para conseguilo puxemos a traballar a nosa creatividade e a motricidade fina con actividades super divertidas: Picamos as letras con punzón, modelamos o nome con plastilina, pintamos con témperas, traballamos a nosa inicial e xogamos a formar o noso nome con pinzas para traballar a forza nos dediños.
Mirade que artistas e que concentrados están cos seus avances!
Unha aperta!
Profe Alba