viernes, 27 de febrero de 2026

O NOSO CORPO E A VOGAL E

Ola, familias! 

Na clase do equipo Peter Pan estamos a coñecer o noso corpo, as súas partes, as limitacións e posibilidades que ten,... 

Aquí podedes ver un anaco do que estamos a facer.





Neste trimestre comenzamos a coñecer as vogais. O primeiro que aprendimos foi unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky e tamén a pronunciar ben o fonema, o son da letra, axudándonos de articulemas (do programa Comunicar-Nos), e de moitos pictogramas e imaxes para traballar a conciencia fonolóxica (habilidade oral previa á escritura). Asemade, tamén perfeccionamos a motricidade fina necesaria para escribir: a forza, a pinza e o trazo; cos ensartables, cosidos, plastilina, co pincel, con trasvases, rasgando papeis… Fixemos moitas cousas antes de chegar ao que vos imos amosar.

Onte aprendimos a letra E. Asociamos o grafema E co seu fonema /e/, é dicir, dixemos e clasificamos palabras que comezan co son E. Traballamos a discriminación perceptiva distinguindoa de outras vogais. Fixemos a sua representación gráfica de múltiples xeitos... e para lembrar todo iso levamos para casa un colar da letra E, tal como fixemos ca letra I.

A mestra, Alicia.