viernes, 6 de febrero de 2026

APROVEITAMOS A SARABIA

Ola, familias!

Hoxe caeu unha gran sarabia e quixemos vivir a experiencia dende moi preto; por iso cando rematou saímos a tocalo, a lanzalo... aprendimos unha morea de cousas en contacto ca natureza e quedamos encantados de sentir unha man moi xeada e fría e outra quentiña. Debuxamos o que vivimos e falamos moito das tormentas no inverno.



A mestra, Alicia.