viernes, 9 de enero de 2026

RETORNAMOS AO COLEXIO CON GANAS

Ola, familias!

Estos dous días despois das vacacións de Nadal estivemos aproximándonos ao inverno a través de contos, imaxes... Experimentamos a sensación do frío tocando xeos e pintandoos con acuarelas, e para comparar logo tocamos a estufa, para percibir a calor.

Asemade, tamén fixemos varios copos de xeos, recheos de papeis que cortamos e pegamos; pintados con pintura de dedos; ensartando pinchos de cores, etc.

E hoxe, Xoel compartiu unhas pinturas que lle trouxeron os Reis Magos e todos xuntos fixemos debuxos libres.






A mestra, Alicia.