Ola, familias!
Fai días que comezamos o noso proxecto sobre a escola e para coñecer os seus espazos, materiais, normas... fixemos puzles por parellas, xogamos ao bingo, búsquedas de materiais, fichas...Tamén estivemos aprendendo nocións lóxico-matemáticas como moitos-poucos, alto-baixo, cheo-vacío, dentro-fora... de xeito moi experiencial a través de propostas grupais, individuais...
Asemade, tivemos varios contacontos en galego do alumnado da ESO e comezamos a traballar co programa "Comunicar-Nos", con moitos pictogramas e imaxes para traballar a conciencia fonolóxica (habilidade oral previa á escritura).



