Ola familias!
Na pasada semana vivimos experiencias moi variadas. Cos compañeiros e compañeiras de 4 e de 5 anos poidemos quitar uvas dos racimos e pisalas para facer mosto.
Clasificamos osos grandes e pequenos, fixemos trazos de arriba a abaixo, torres altas e baixas...
Seguimos aprendendo cousas sobre o outono, facendo manualidades, puzles... Xogamos ca mesa de experimentación e moitas actividades.
E onte saimos de excursión ao monte para apañar castañas, landas, piñas e follas. Divertímonos moitísimo!!
E hoxe decoramos as piñas con plastilina 😀!
A mestra, Alicia.




.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



