Ola familias!
Neste trimestre comenzamos a coñecer as vogais. O primeiro que aprendimos foi unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky e tamén a pronunciar ben o fonema, o son da letra, axudándonos de articulemas (do programa Comunicar-Nos), e de moitos pictogramas e imaxes para traballar a conciencia fonolóxica (habilidade oral previa á escritura). Asemade, tamén perfeccionamos a motricidade fina necesaria para escribir: a forza, a pinza e o trazo; cos ensartables, cosidos, plastilina, co pincel, con trasvases, rasgando papeis… Fixemos moitas cousas antes de chegar ao que vos imos amosar.
Onte aprendimos a letra I. Asociamos o grafema I co seu fonema /i/, é dicir, dixemos e clasificamos palabras que comezan co son I. Traballamos a discriminación perceptiva distinguindoa de outras vogais. Fixemos a sua representación gráfica de múltiples xeitos... e para lembrar todo iso levamos para casa un colar da letra I.
A mestra, Alicia.






