Ola familias!
Hoxe coñecimos como é o noso nome grazas a facer uns puzles das nosas fotos e poñendo as correspondentes pinzas con letras. Na mesa de luz e con letras lixa descubrimos as nosas iniciáis e tamén fixemos unha coroa.
O Meco mandou vir de pixama ao colexio, e así de guapos e cómodos estivemos. Aproveitamos para xogar a “¡A la cama!” de Haba, un xogo de mesa cooperativo co que aprendimos o que facer antes de ir a cama e que necesitamos para durmir; axudando entre todos a meter na cama a oso, coello e gato.
A mestra, Alicia.


