miércoles, 19 de febrero de 2025

CONCIENCIA FONOLÓXICA

Ola, familias! 

Co programa Conunicar-nos desenvólvense habilidades metafonolóxicas para unha posterior aprendizaxe eficiente da lectura e da escritura (obxectivo da educacion primaria).
Así, na clase de 3 anos traballamos de primeiro a conciencia léxica, é dicir saber que cando falamos facemos frases ou oracións e que estas conteñen palabras.  Polo tanto, a cativada manipula palabras completas que teñen significado, para posteriormente traballar con unidades menores como son as sílabas (conciencia silábica) e os fonemas (conciencia fonémica).





Tamén vos deixamos algunhas fotos xogando, pintando, facendo puzles, na mesa de luz reseguindo transportes xa que estamos aprendendo sobre a rúa... 😉 





A mestra, Alicia.