martes, 12 de noviembre de 2024

ZUME DE LARANXA E DE LIMÓN

 Ola, familias!

Hoxe estivemos experimentando con laranxas e limóns e pasámolo xenial 😁!

Primeiro identificamos nas comidiñas de xoguete cales eran e cortámolos cos nosos coitelos. Atopamos os de verdade ao levantar a tapa da mesa de experimentos e ulimos, tocamos para falar de texturas, tamaños... 

Despois lavamos a froita para facer os nosos zumes. Cada peque exprimiu unha metade e botou o zume no vaso. E comezamos a probar e falar de gustos, sabores...



Para rematar estampamos círculos ca monda das froitas.


A mestra, Alicia.