miércoles, 18 de septiembre de 2024

BENVIDAS FAMILIAS AO CURSO 24/25

Ola, familias! Benvidas todas ao blogue da clase de 3 anos 😀!

Comezamos o curso 24-25 fai unha semana cheos de ilusión. Ao longo dela xogamos nos diferentes rincóns, iniciamos as nosas rutinas, coñecimos distintos espacios do colexio e ante todo pasámolo moi ben xuntos. 

Se queredes saber o que facemos, aquí amosaremos algunhas das cousas do noso día a día escolar. Esperamos que vos guste!






A mestra, Alicia.