Ola, familias! Qué tal a semana?
Na clase dos esqueletes vivimos moitas experiencias! Hoxe varias nenas de secundaria dramatizaron unha historia personalizada, cos personaxes que elixiron os peques.
Tamén xogamos por grupos cunhas pezas imantadas.
E o mellor foi facer o experimento das cores. Cunha botella con auga e papeis de cor azul e amarelo conseguimos a cor verde, que tamén descubrimos cas témperas 💚. Para que vexades o ben que o pasamos mirade estos vídeos (baixar o volume que hai moitos berros) 😁

