Ola familias!
Neste trimestre comenzamos a coñecer as vogais. O primeiro que aprendimos foi unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky e tamén a pronunciar ben o fonema, o son da letra, axudándonos de articulemas (do programa Comunicar-Nos), e de moitos pictogramas e imaxes para traballar a conciencia fonolóxica (habilidade oral previa á escritura). Asemade, tamén perfeccionamos a motricidade fina necesaria para escribir: a forza, a pinza e o trazo; cos ensartables, cosidos, plastilina, co pincel, con trasvases, rasgando papeis…
Fixemos moitas cousas antes de chegar ao que vos imos amosar. Aquí estamos a facer a letra “I” na pizarra dixital.
A mestra Alicia.


