lunes, 18 de diciembre de 2023

O NÚMERO 1

Ola familias!

Na clase dos esqueletes xa saben o número 1: a súa representación numérica, cuantitativa… todo iso grazas as ganas que teñen de aprender e porque experimentaron con diferentes materiais. 

Cada neno e nena ten a súa caixa con bellotas para fomentar o conteo e a motricidade fina. Tamén hai contos para aprender a facer a representación gráfica, popit para marcar cantidades,... ademáis de cantar a canción "Un elefante se balanceaba".



Tamén reseguiron o número, practicaron o trazo con rotuladores borrables e co dedo en cacao para ofrecerlles experiencias sensoriais a par que se divirten e aprenden. O que máis gustou foi manipular os policubos.



 

E como non, xogaron cos seus dediños un montón. A plastilina axuda moito a gañar forza e todalas semanas xogan con ela, pero a maiores as moediñas de encaixar, os selos, coller con pinzas boliñas, colocar pedriñas de cores arredor de formas ou xogar cas rás saltarinas axudan e apoian o aprendizaxe do número un.

Qué vos parece?

A mestra Alicia.