viernes, 22 de diciembre de 2023

BO NADAL

Ola, familias!

Onte tivemos unha gran festa de Nadal 🎄🎄🎄. Xogamos a derrubar a nosa árbore de botellas, vimos como xogaban ao baloncesto, compartimos as merendas e moitas conversas, visitounos Papa Noel, xogamos un montón e para rematar bailamos, tocamos instrumentos e cantamos “Campaíñas, campaíñas”.





Por aquí podedes ver a nosa actuación para despedir o trimestre. 


A clase de 3 anos, desexámosvos unhas moi felices festas e próspero aninovo!


A mestra Alicia.