jueves, 30 de noviembre de 2023

AS NOSAS EMOCIÓNS

Ola familias!

¿Como vos sentides hoxe? 

Esa é unha das rutinas da nosa aula. Falar de como nos sentimos e a persoa encargada (un/unha diferente cada día seguindo a orde da lista) pór un selo da emoción no calendario e na man.


Nestas últimas semanas ademáis de xogar co dado das emocións, comezamos a facer a nosa roda das emocións: medo, enfado, tristeza e alegría; poñendo as caras que as expresan. Xogamos cos tapóns das emocións e lemos "Las emociones de Nacho".





Seguiremos amosándovos as nosas aprendizaxes 😉.

A mestra Alicia.