Ola familias!
Xa queda pouco para festexar Samaín e os nenos e nenas de 3 anos estivemos a decorar a clase con carautas de pantasma e de cabazas. Para facelas recortamos, picamos e pegamos. Pintamos debuxos de cabazas para a porta e para as fiestras, e construimos un esquelete. Tamén fixemos unha manualidade con materiais de refugallo: un espantallo.
E como nos gusta moito experimentar xogamos cun "moco" moi pegañento feito con sementes de chía, auga e cores; no que atopamos arañas. Ademais de ter a visita dos compañeiros e compañeiras da ESO que nos amosaron e ensinaron moitas cousas sobre a festa do Samaín 🎃🎃.

