Hola familias!
Queremos amosarvos algunhas das cousas que fixemos esta segunda semana de colexio. Pasámolo xenial 😁😁.
Cada vez estamos máis afeitos as rutinas, como a da merenda, na que cada quén a colle, a toma sentado na súa mesa e o rematar recolle e limpa as máns para ir a xogar un chisco ata que facemos un pouco de relaxación; como vedes intentamos practicar algunha postura de ioga.
Contamos moitos contos e un deles foi "O paxaro Serafín" do que crearon unha manualidade con refugallo moi xeitosa. Xogamos ca mesa de experimentación, tanto con area como con auga, para despedir o verán.
Algúns xa saben recortar moi ben, outros os colores e as formas... Imos aprendendo pouco a pouco.
Os cosidos gustaron moito ao igual que facer torres altas e derrubalas .
Aquí non paramos e desfrutamos moito. Algúns xa fixeron de encargados mirando e rexistrando quén está na casa e no cole, o tempo atmosférico 🌈 e as súas emocións, ademáis de repartir materiais e ir primeiro na fila, que é moi importante 😉😆.
Feliz fin de semana.
A mestra Alicia.



