miércoles, 21 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á GRANXA KIRIKO

Ola familias!!

Qué ben o pasamos hoxe na excursión, visitamos a Granxa Kiriko, en Fornelos de Montes e gustounos moitísimo. Coñecimos de primeira man a moitos animais, como as cabras, vacas, burros, cabalos… e todos eles tiñan nome!! Como os burriños Suso e Bico, os cales puideron acariciar. Tamén tiveron a posibilidades de subirse a un cabalo, cociñaron unhas ricas galletas, traballaron un anaco no huerto que tiñan alí.. uns auténticos granxeiros! Pasáronno en grande. Moitísimas gracias a tódolos monitores e monitoras que estiveron alí con nós durante toda a xornada pola atención e o trato que tivéchedes con todos nos en todo momento.

E agora si que si, VACACIÓNS!! Disfrutade moito do verán e vémonos polo cole en setembro. Bo verán a todos e todas!! 😘😘

A profe Bárbara.