Ola familias!
Hoxe os alumnos/as de educación infantil visitaron a Fundación Sales, que é un xardín botánico que se atopa na Avda. Europa e que ten moitos tipos de plantas e árbores diferentes. As nosas guías contáronlles datos moi interesantes sobre as distintas especies que se atopan neste xardín e tivemos unha acompañante moi especial durante toda a visita, a súa gata Kitty, os nenos/as non deixaban de perseguila á pobre. Na segunda parte da visita, preparamos uns maceteiros decorados polos nenos con xiz e unha vez pintados, dentro botáronlle terra e plantaron unha leituga.
Deixámosvos unhas fotos da saída, agardamos que vos gusten.
Que teñades unha boa fin de semana.
A profe Bárbara.




