Ola familias,
Hoxe día 23 de febreiro, celébrase en Galicia o día de Rosalía de Castro, e os alumnos/as fixeron uns marcapáxinas decorados con pintura de dedos, para conmemorar esta data.
Por outra banda, hoxe xogamos a un xogo novo que nos trouxo a profe, a “ruleta das froitas”. Fixemos un pequeno bingo na aula, onde tiñan que identificar as froitas que saían na ruleta e marcalas (se as tiñan) no seu cartón con tapóns de plástico, gustoulles moito (faremos máis variantes).
A profe Bárbara.

