lunes, 9 de enero de 2023

VOLTA Ó COLE

Ola familias!!

Moi feliz ano para todos/as, espero que disfrutárades moito destas festas. Hoxe os nenos/as estaban contentísimos e falaron do que fixeran durante as festas, dos regalos dos reis e de Papá Noel.

Antes das vacacións Lúa levou a Curtis a súa casa, e fixeron moitísimas cousas xuntos: tomaron as uvas de fin de ano, foron ver a cabalgata de reis… Pasáronno en grande! 🥰

Por outra banda, Dante levou a maleta viaxeira co conto das formas, e fixo un debuxo moi bonito! 😊

Hoxe tivemos xornada de compartir xogos, falar das nosas vacacións, pintar… e o noso compañeiro Adrián, ensinounos un album de fotos chulísimo!! Tamén abrimos uns detalliños que nos deixaron os reis magos na clase, estaban emocionados!

Que teñades un bo día.

A profe Bárbara.