Ola familias!
Qué tal estades? Nos na aula estamos traballando moito para deixar tódolos nosos traballos rematados e ben gardadiños antes de marchar de vacacións, é por iso que esta semana estivemos preparando as portadas dos nosos traballos, quedaron moi bonitos e simpáticos, e moi navideños 😉 Esperamos que vos gusten.
Por outro lado, onte tivemos unha visita moi especial na clase, Lúa trouxo o seu Elfo, e díxonos que é un pouco traste, e que as veces non se porta moi ben… Ata lle quixo facer unha trasnada a Curtis!! 🤭
Que teñades unha boa fin de semana!
A profe Bárbara

